Data:
Con motivo do 25N Día Contra a Violencia Machista, un ano máis desde a Fegamp amosamos o compromiso co rexeito á violencia cara ás persoas e moi especialmente a exercida cara á muller, e tanto en calquera ámbito como particularmente no ámbito local.
En colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) poñemos en marcha a campaña CONCELLOS GALEGOS #PoloBoTrato na que buscamos que as Entidades Locais Galegas se amosen libres de violencias. Un decálogo creado polos profesionais do COPG invita aos concellos a rexeitar todo tipo de actos sexistas e a promover a igualdade.
A continuación podes descargar en pdf o cartel da campaña que se pode personalizar para todos os concellos de Galicia. Só tes que elixir o nome do teu concello no seguinte pdf editable:
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
botratoa3despregable.pdf | 1.23 MB |