Os concellos teñen 10 días para consultar as novas notificacións telemáticas da Axencia Tributaria

Data: 

martes, 29 Novembro, 2016 (Todo o día)

A Fegamp recorda a todas as Administracións Locais galegas que deben consultar as notificacións da Axencia Tributaria por vía telemática. Coa entrada en vigor da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, desapareceu o papel e a vía electrónica é agora única e obrigatoria para a comunicación entre organismos públicos.

Así as cousas, a Axencia colga na súa web as notificacións e os concellos dispoñen de 10 días para visualizalas e, de ser o caso, efectuar as modificacións ou reclamos que consideren. Se expira ese tempo, danse como recibidas e validadas, foran vistas ou non.

Os concellos deben solicitar a súa certificación electrónica para operar e as devanditas notificacións poden visualizarse a través de:

 

 

  • A propia web da Axencia. Mis notificaciones>Acceso a notificaciones y comunicaciones de la AEAT.
  • No punto de acceso xeral da Administración Xeral do Estado, mediante a Dirección Electrónica Habilitada (DEH).
  • A través da carpeta cidadá.

Para facilitar os trámites, e non ter que estar accedendo continuamente á web, a Axencia Tributaria habilitou un servizo de alertas por mail e móbil, que avisa aos concellos en caso de que haxa notificación (LIGAZÓN).

Máis información e documentación.