PACTO DE ESTADO EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Logo Pacto de estado violencia de xénero

 

A Lei 6/2018, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 recolle unha partida destinada aos concellos dun importe total de 20 millóns de euros para a realización de proxectos ou programas que teñan como finalidade o desenvolvemento das medidas previstas no Pacto do Estado en materia de violencia de xénero.

Os criterios de reparto desta partida realizouse atendendo a dous criterios:
a) Unha cantidade fixa de 689 euros por concellos.
b) Unha cantidade en función do número de habitantes do concello en función do Padrón Municipal do 1 de xaneiro de 2017.

Pode consultar a contía asignada ao seu concello neste enlace:

http://www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es/pactoEstado/docs/Anexo_Resolucion_Reparto_Fondos_Ayuntamientos.pdf

O período para a execución das actuacións rematará o 30 de xuño de 2019 e o prazo de xustificación o 30 de setembro de 2019. Neste enlace podes consultar a que se poden destinar estes fondos e os procedementos necesarios para realizar a xustificación:

http://www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es/pactoEstado/docs/Nota_2_Fondos_Ayuntamientos.pdf

Tamén dispoñen dun  documento refundido de medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero do Congreso e o Senado: 

http://www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es/pactoEstado/docs/Documento_refundido_PEVG_.pdf

Para máis información:

- Federación Española de Municipios e Provincias - (FEMP) : 913643700 

- ou no seguinte enlace: http://www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es/pactoEstado/home.htm

Descargas: