Pesar polo falecemento de Rubén Pérez, concelleiro de Piñor

A Federación Galega de Municipios e Provincias quere expresar o seu máis fondo pesar polo falecemento de Rubén Pérez, edil do grupo municipal socialista no concello ourensán de Piñor.

Desde a Fegamp trasladámoslle á súa familia e achegados a nosa solidariedade e apoio.