PREMIOS REINA LETIZIA 2016, DE ACCESIBILIDADE UNIVERSAL DE MUNICIPIOS. PRAZO: 17-07-2016

Data: 

venres, 3 Xuño, 2016 (Todo o día) a domingo, 17 Xullo, 2016 (Todo o día)

 

Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

Extracto da Resolución do 13 de maio de 2016, do Real Padroado sobre Discapacidade, pola que se convoca a concesión dos Premios Reina Letizia 2016, de Accesibilidade Universal de Municipios. BDNS(Identif.):307502.

Obxecto

Recompensar aos municipios que desenvolveron un labor continuado, levado a cabo nun período de tempo non inferior a cinco anos, no campo de accesibilidade universal das persoas con discapacidade ao medio físico, a educación, o lecer, a cultura, o deporte, o transporte, o turismo e as novas tecnoloxías da información e da comunicación, programado e avaliado cuxos resultados merezan esta distinción.

Beneficiarios

1. Poderán concorrer a estes premios todos os Concellos de España nas seguintes categorías:

a) Concellos de ata 10.000 habitantes.

b) Concellos entre 10.001 a 100.000 habitantes.

c) Concellos de 100.001 habitantes en diante.

2. Poderán igualmente concorrer a estes premios todos os Concellos (Alcaldías) latinoamericanos nas seguintes categorías:

a) Concellos (Alcaldías) de ata 100.000 habitantes.

b) Concellos (Alcaldías) de 100.001 habitantes en diante.

Os solicitantes non deben estar incursos en ningunha das circunstancias reguladas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Bases reguladoras

Orde TAS/2013/2007, do 28 de xuño, publicada no BOE do 6 de xullo, modificada pola Orde SAS/2006/2009, do 20 de xullo, publicada no BOE do 24 de xullo.

Contía

1. Os Premios Reina Letizia 2016, de Accesibilidade Universal de Municipios, dispoñerán para os Concellos de España dunha dotación máxima de 45.000 euros, que se financiará ao 50 por 100 polo Real Padroado sobre Discapacidade e pola Fundación ACS.

O importe para cada unha das categorías quedará distribuído da seguinte forma:

a) Concellos de ata 10.000 habitantes: 15.000 euros.

b) Concellos entre 10.001 e 100.000 habitantes: 15.000 euros.

c) Concellos de 100.001 habitantes en diante: 15.000 euros.

2. Os Premios Reina Letizia 2016, de Accesibilidade Universal de Municipios, dispoñerán para os Concellos latinoamericanos dunha dotación máxima de 30.000 euros, que se financiará polo Real Padroado sobre Discapacidade con 10.000 euros e pola Fundación ACS e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), con 20.000 euros, financiado ao 50 por 100 por ambas as entidades.

O importe para cada unha das categorías quedará distribuído da seguinte forma:

a) Concellos de ata 100.000 habitantes: 15.000 euros.

b) Concellos de 100.001 habitantes en diante: 15.000 euros.

3. Os premios poderán concederse "ex aequo" ou, no seu caso, declararse desertos nalgunhas das categorías sinaladas no apartado segundo desta convocatoria, isto último, se se considera que as candidaturas non reúnen os méritos suficientes para ser galardoados. Neste caso, a dotación económica das declaradas desertas pasará a incrementar a das restantes categorías.

Prazo

Corenta e cinco días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.