Presentación Xornada Plan Básico Autonómico (PBA)

Data: 

mércores, 5 Setembro, 2018 - 12:00
acto inaugural xornada plan básico autonómico 2018

O presidente da Fegamp, Alfredo García, participou no acto inaugural das xornadas sobre o Plan Básico Autónomico (PBA) que pon en marcha a Xunta de Galicia para servir de base como plan de ordenamento municipal para os concellos que o necesiten. O presidente da Fegamp reflexou a súa satisfacción por contar con un instrumento que facilita as cousas aos concellos nun eido tan importante como o planeamento urbanístico do territorio pero advertiu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, presente tamén no acto inaugural, que "os concellos non podían cargar co peso de continuar soportando noas competencias sen o financiamento acompañado".