Primeira reunión da Comisión Executiva da Fegamp tras a X Asemblea Xeral

Data: 

xoves, 12 Decembro, 2019 - 17:00

A nova Comisión Executiva, elixida o pasado 29 de novembro de 2019, con Alberto Varela á cabeza como presidente, reuniuse no día de hoxe, na que supuxo a primeira toma de contacto entre os membros pertencentes ao órgano.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares continuará exercendo a súa labor de voceiro do Grupo Popular como no anterior mandato; o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, será o voceiro en representación do BNG e a alcaldesa de Betanzos, María Barral, fará o propio en representación dos alcaldes e alcaldesas socialistas.