PROGRAMA 1,5% CULTURAL DO MINISTERIO DE FOMENTO: AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN OU ENRIQUECEMENTO DO PATRIMONIO HISTÓRICO ESPAÑOL. PRAZO: 16-08-2017

Data: 

mércores, 19 Xullo, 2017 (Todo o día) a mércores, 16 Agosto, 2017 (Todo o día)

 

Ministerio de Fomento

 

Extracto da Orde pola que se convoca a presentación de solicitudes mediante concorrencia competitiva ao Programa 1,5% cultural do Ministerio de Fomento. BDNS(Identif.):355677.

 

Obxecto

Convócanse axudas para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do Programa 1,5% Cultural do Ministerio de Fomento.

Bases Reguladoras

Orde FOM/1932/2014, do 30 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español, con cargo aos recursos procedentes da obras públicas financiadas polo Ministerio de Fomento e polas Entidades do Sector Público dependentes ou vinculadas.

Beneficiarios

Poderán obter a condición de beneficiario destas axudas aquelas persoas ou entidades, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que ostenten a titularidade dun inmoble que cumpra cos requisitos establecidos no artigo 3 da orde de bases reguladoras:

Artigo 3 (Orde FOM/1932/2014, do 30 de setembro). Requisitos de aplicación aos inmobles e actuacións:

1. Financiaranse con estes fondos aquelas actuacións ou proxectos que se vaian a realizar sobre bens que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Os bens sobre os que se realicen as actuacións deberán estar declarados Bens de Interese Cultural, ou incoarse o correspondente expediente para a súa declaración, ou gozar dun nivel de protección equivalente segundo a normativa de aplicación, ou estar incluídos dentro dun conxunto histórico e estar especialmente catalogados polo plan municipal.

b) Deberán ser de titularidade pública. A estes efectos, considérase que son de titularidade pública os bens pertencentes ás Administracións Públicas, incluíndo tanto ás administracións territoriais como aos organismos autónomos.

Exceptuaranse deste requisito de titularidade pública:

1.º As actuacións que se realicen sobre bens para os que exista unha cesión para uso público debidamente inscrita no correspondente Rexistro Público, durante un prazo mínimo de 50 anos.

2.º As actuacións que se realicen en bens incluídos na lista de Patrimonio Mundial (UNESCO), sempre que, no caso dos conxuntos monumentais, o inmoble sobre o que se actúe goce da máxima protección; ou sobre os bens inmobles expresamente incluídos nos Plans Nacionais de Patrimonio aprobados polo Consello de Patrimonio.

c) Deberán destinarse, polo menos por 50 anos, a un uso público de carácter socio-cultural, turístico ou de servizo público.

2. Ademais, só serán admisibles as actuacións nas que os solicitantes comprometan un nivel mínimo de cofinanciación conforme ao artigo 5 destas bases e non incumpran o réxime de compatibilidade de axudas establecido no artigo 12 da presente orde.

Dotación

Estas axudas disporán dun crédito máximo de 50.520.823,21€, que se distribuirán entre as anualidades 2018 e 2019.

Prazo 

O prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles desde a publicación desta convocatoria.

Descargas: