PROGRAMA DE ESPECIALIZACIÓN EN MATERIA DE FINANCIAMENTO COMUNITARIO

Data: 

martes, 30 Xuño, 2015 - 09:00 a venres, 10 Xullo, 2015 - 14:00

A Fundación Galicia Europa (FGE) ten o pracer de informalo da convocatoria dun programa de especialización en materia de financiamento comunitario dirixido ao persoal vinculado a entidades públicas ou privadas galegas interesadas en participar en proxectos europeos. O programa consistirá nunha semana de formación en Bruxelas durante os días 21 a 25 de setembro de 2015 no que poderán participar un máximo de 20 persoas.

Os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014 – 2020, os programas e iniciativas europeas e as vías de financiamento existentes, ademais de visitar as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento. A FGE cofinanciará os gastos derivados da participación neste programa.

Con esta actuación preténdese continuar co compromiso da FGE de impulsar a participación das entidades públicas e privadas galegas na captación de fontes de financiamento comunitario que permitan executar todo tipo de proxectos en beneficio do tecido produtivo e da sociedade galega en xeral.

Pódese consultar a convocatoria e a documentación necesaria aquí (http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2_ver.asp?idSeccion=172&idTema=...

As persoas interesadas en participar no programa terán de prazo ata o día 10 de xullo de 2015 para enviar a solicitude e documentación correspondente ao enderezo electrónico santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Para calquera información complementaria poden contactar coa FGE no teléfono 981 541012 ou no enderezo electrónico santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu