PROGRAMA DE MOBILIDADE TRASNACIONAL XUVENIL GALEUROPA 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comunica que xa está aberto o prazo de solicitudes para participar no programa de mobilidade trasnacional xuvenil de Galeuropa 2016. 

Este programa permititrá que os mozos e mozas de 30 anos poidan realizar prácticas formativas en empresas de calquera país da Unión Europea, co fin de acadar unha experiencia internacional que mellore o currículo para o emprego.

Toda a información sobre este programa no portal web http://xuventude.xunta.es , a través do enderezo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es, ou nos números de teléfono 981544645/ 981544854/ 981541688.