PROTOCOLO DE COLABORACIÓN PARA O IMPULSO DA REDE DE EELL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO E PROMOCIÓN DE CONSTITUCIÓN OU ACTIVACIÓN DAS MESAS LOCAIS DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

acto de sinatura do protocolo de colaboración Fegamp .- SX de Igualdade para a promoción das EE.LL. contra a violencia de xénero

O obxecto do presente Acordo é impulsar a rede de entidades locais en contra da violencia de xénero, constituída en 2012 e configurada como un instrumento que busca o rexeitamento social e institucional  da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade,  así como promover a constitución e/ou a activación das Mesas Locais de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero (MLC), como mecanismo útil de harmonización da totalidade de axentes e entidades implicadas na erradicación da violencia de xénero e na atención das vítimas. 

Descargas: