PROTOCOLO XERAL DE CREACIÓN DA INICIATIVA "CONCELLOS DOING BUSINESS GALICIA"

 

A iniciativa galega de concellos emprendedores vén desenvolvéndose desde o ano 2017, tras a firma deste Protocolo Xeral de Actuación entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia.

Tras a modificación introducida pola Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a iniciativa galega de concellos emprendedores adquiriu rango legal. Concretamente, a regulación desta iniciativa recóllese no título VI (artigos 78 e seguintes) do antedito texto legal, modificado recentemente pola Lei 10/2023, do 29 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

INFORMACIÓN DE INTERESE: 

Máis información: Servizo de Apoio Técnico/ Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación (Tfno.: 881 958 642 e correo electrónico: vicesecretaria.cei@xunta.gal)

Descargas: