QUINTA EDICIÓN ACCIÓN FORMATIVA "NOVIDADES QUE INTRODUCE A NOVA LEI DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO E A NOVA LEI DE PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN NOS SECTORES DA AUGA, A ENERXÍA E OS TRANSPORTES E OS SERVIZOS POSTAIS”

Data: 

mércores, 14 Marzo, 2018 (Todo o día) a xoves, 15 Marzo, 2018 (Todo o día)

Prazo máximo de inscrición : 1 de marzo de 2018

Os próximos días 14 e 15 de marzo celebrarase en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia (EDIFICIO CINC Auditorio 1  Monte Gaiás, s/n 15707 Santiago de Compostela, A Coruña), a QUINTA EDICIÓN da acción formativa "Novidades que introduce a Nova Lei de Contratos do Sector Público e a Nova Lei de Procedemento de Contratación nos sectores da Auga, a Enerxía, os Transportes e os Servizos Postais”.

Este curso, que se desenvolve dentro dun plan formativo deseñado pola FEMP en colaboración coa Dirección General de Patrimonio e o Instituto de Estudios Fiscales, ten como obxectivo central dar a coñecer as novidades da Nova Lei de Contratos e as especificidades da mesma que incumben á Administración Local. Nesta edición colabora a FEGAMP na súa organización e difusión.

Pinchando aquí terá acceso aos contidos e horarios da acción formativa.

Nesta acción, na súa quinta edición, está dirixida a Persoal da Administración Local con prioridade para os empregados locais das Entidades de Galicia e con funcións relacionadas coa contratación.

Pode realizar a súa solicitude de participación accedendo á Área de Formación da FEMP.  Se non é usuario rexistrado da páxina de Formación da FEMP terá que rexistrarse previamente pinchando AQUI

Unha vez realizado o seu rexistro, recibirá por correo electrónico a clave de acceso. Cando dispoña de usuario (email de rexistro) e clave de acceso, visite a páxina de inscrición da Xornada (pode pinchar aquí) introduza o seu usuario e contrasinal e prema no botón solicitar inscrición. Recibirá un correo automáticamente confirmando o seu rexistro e, en caso de ser aceptada a súa inscrición, comunicaráselle ao seu enderezo electrónico á maior brevidade posible.

Se ten algunha cuestión, non dubide en contactar coa Subdirección de Formación:

Tel: +34 91 364 37 00
E-mail: formacion@femp.es

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do curso183.4 KB