Data:
martes, 27 Decembro, 2016 - 13:00
Os Premios Coopera pretenden impulsar iniciativas de asociacionismo municipal galego, tanto na mellora de sistemas xa implantados como os novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.
De esquerda a dereita na fotografía: Evencio Ferrero, alcalde de Carballo e vicep. seg. da Fegamp; Alfonso Villares, alcalde de Cervo e vicep. primeiro da Fegamp; Sonia Rodríguez, directora da EGAP; Marta Fernández, directora xeral de Administración Local; Raquel Bahíllo, subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais e Alfredo García, presidente da Fegamp e alcalde do Barco de Valdeorras.