Reunión no Concello de Lalín

Data: 

luns, 23 Maio, 2016 - 10:30

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reúnese en Lalín co alcalde, Rafael Cuíña, para abrir liñas de traballo coas outras administracións sobre as competencias dos concellos no eido do emprego. Ambos os dous representantes coincidiron na necesidade de que os municipios conten con máis competencias e recursos para poder axudar a paliar o desemprego.