Rey Varela defende un debate no ámbito académico sobre a 'unión de esforzos' entre concellos

Data: 

mércores, 29 Abril, 2015 (Todo o día)

O presidente da Federación Galega de Municpios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, inaugurou o pasado 29 de abril na Facultade de Dereito da Unoversidade de Santiago de Compostela, co seu decano, Luis Míguez Macho, e o director do Centro de Estudos e Documentación Europea (Cede), Carlos Teijo, o seminario 'Reforma Local na Unión Europea en Perspectiva Comparada. As Experiencias de España, Portugal e Italia', incluído no programa de cursos froito do convenio de colaboración entre a Fegamp e o Cede.

Rey Varela dixo que da 'necesaria cooperación entre concellos falouse moito, pero desde o punto de vista mediático', polo que apostou por unha reflexión sobre a 'unión de esforzos' no ámbito académico, lonxe do 'debate excesivamente politizado'. O presidente da Fegamp considera necesario un 'estudo amplo e completo' sobre os servizos derivados das competencias locais, para adaptarse á normativa europea, que xa inflúe en máis da metade da normativa que aplican os concellos galegos.  

Na inauguración do seminario, Rey Varela defendeu os principios de 'autonomía local', o dereito dos concellos a decidir como xestionan os recursos públicos, e 'suficiencia financeira'; tendo en conta que sin este último, é imposible o primeiro. Ademais, chamou a poñer 'unha lupa' sobre a xestión municipal, a transparencia, o que segundo el permitirá recuperar a lexitimidade perdida á administración local, que é 'a máis achegada aos cidadáns e que constitúe para eles un punto de referencia, porque é onde constrúen e exercen os seus dereitos.

Para Rey Varela, que foi presentado polo decano da Facultad de Dereito como 'un ex alumno' dese centro, é imprescindible continuar no camiño da 'cohesión e a solidariedade territorial', como única vía para lograr a converxencia social co resto de Europa e para garantir a prestación de servizos. Canto ela, o titular da Fegamp advertíu do 'sobrecusto' que supón para Galicia a súa situación demográfica e as características oro-xeográficas, que favorecen a dispersión poboacional. Tamén lembrou que a nosa comunidade ten a metade dos núcleos de poboación do conxunto de España. 'Non se deben tratar igual situacións diferentes', engadíu.

Consulta toda a información sobre os cursos do Cede e a Fegamp 2015 no apartado 'Areas', sección 'Formación', subsección 'Ifal', desta páxina web.