SINATURA DA ADDENDA AO CONVENIO DE PROTECCIÓN ANTE OS LUMES

Data: 

luns, 15 Abril, 2019 - 11:30

O presidente da Fegamp, Alfredo García, o conselleiro de Medio Rural, José González, e o director xerente de Seaga, Pablo Arbores, asinaron o 15 de abril de 2019 a addenda ao convenio para a xestión da biomasa nas faixas secundarias de protección dos núcleos rurais.

O asinado esta mañá, que xurde como resposta ás necesidades que non estaban reflectidas no texto inicial e que era necesario acometer, recolle que a Xunta prestará apoio aos concellos para elaborar os seus plans municipais de defensa contra os incendios e aportará ferramentas administrativas e informáticas concretas.

Tal e como se recolle na addenda, o goberno de Galicia axudará a que se axilice a xestión dos requirimentos e notificacións que os concellos teñan que facer aos veciños e veciñas en cumprimento das súas obrigas.