SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA QUE PROMOVAN A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES E/OU A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NAS BIBLIOTECAS E AXENCIAS DE LECTURA PÚBLICAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL. PRAZO: 17-06-2019

Data: 

xoves, 16 Maio, 2019 (Todo o día) a luns, 17 Xuño, 2019 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura e Turismo

Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT236B). BDNS (Identif.): 454215.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019, para ofrecer un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas destinadas á prevención e sensibilización contra a violencia de xénero para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero polo que a Consellería de Cultura e Turismo se compromete a xestionar, a través de Ler conta moito, unha liña de axudas específica destinada á prevención e sensibilización da violencia de xénero, con mensaxes positivas, unitarias e adaptadas ás exixencias de cada momento, implicando a sociedade no seu conxunto.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os concellos de Galicia titulares de bibliotecas ou axencias de lectura públicas integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos de participación

1. As bibliotecas ou axencias de lectura pública municipais receptoras da axuda deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar integradas na Rede de bibliotecas de Galicia (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde.

b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.

c) Ter remitido ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do exercicio 2017.

Importe

Destinarase un crédito total de 150.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.760.3 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: