SUBVENCIÓN PARA A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA NAS BIBLIOTECAS E/OU AXENCIAS DE LECTURA PÚBLICAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL. PRAZO: 02-05-2019

Data: 

martes, 2 Abril, 2019 (Todo o día) a xoves, 2 Maio, 2019 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura e Turismo 

Orde do 15 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se convoca para o ano 2019 (código de procedemento CT236A). BDNS (Identif.): 446446.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, para ofrecer un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas que acheguen a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os concellos de Galicia titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que se encontren nalgún dos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

Destinarase un crédito total de 195.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.760.3 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: