SUBVENCIÓNS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DO PROGRAMA EMPLEAVERDE 2019. PRAZO: 30-04-2019

Data: 

martes, 5 Febreiro, 2019 (Todo o día) a martes, 30 Abril, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica

Extracto da Resolución 29 de xaneiro de 2019 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos do "Programa empleaverde", cofinanciado polo Fondo Social Europeo en 2019. BDNS (identif.): 437146.

Obxecto

Apoio a proxectos que fomenten a creación e mellora do emprego e empresas e o impulso do emprendemento, a innovación social e o intercambio de experiencias no marco dunha economía verde e azul.

Bases reguladoras

Resolución do 20 de decembro de 2018, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras de concesión de subvencións pola Fundación Biodiversidade. BOE núm. 25, do 29 de xaneiro de 2019 (Anexo I).

Beneficiarios

Entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente, con personalidade xurídica propia e que teñan sede en España.

Dotación

A dotación máxima global da convocatoria é de ata 9.410.000 €. O importe mínimo solicitado por proxecto será de 100.000 € e o máximo de 300.000 €.

Prazo

O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación do extracto desta convocatoria ata o 30 de abril de 2019, ás 14:00 horas, nos termos e condicións especificados nas Bases Reguladoras.

Máis Información

O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es

 

Descargas: