SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO. PRAZO: 10-07-2017

Data: 

sábado, 10 Xuño, 2017 (Todo o día) a luns, 10 Xullo, 2017 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 

ORDE do 22 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2017. BDNS (Identif.):349664.

Finalidade e obxecto

1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2017 (código de procedemento CT215A).

Inclúense nesta orde os gastos correntes derivados da realización dos programas e actividades desenvolvidos desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación da orde.

2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento e á promoción da cultura en Galicia.

Beneficiarias

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as institucións sen fin de lucro domiciliadas en Galicia, así como as entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos eventos descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar). Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta do evento e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que as actividades se prestan de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

2. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas se non cumpren coa obriga de presentar as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

4. Cada solicitante só poderá presentar un único proxecto e cada proxecto só poderá ter un único solicitante.

Imputación orzamentaria e contía

As subvencións reguladas nesta orde concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017 seguintes: 10.20.432B.481.2 por un importe inicial máximo de 30.000 euros, para os solicitantes dentro do grupo de institucións sen fin de lucro e 10.20.432B.460.0, por un importe inicial máximo de 20.000 euros, para o grupo de solicitantes de entidades locais e agrupacións de concellos, sen prexuízo de que este orzamento inicial poida ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1. A dotación das axudas será destinada ao financiamento dos gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2017.

2. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 6.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 70 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar. Este importe de 6.000 euros ascenderá a 7.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas de entidades locais, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

O importe máximo destas axudas non poderá, en ningún caso, superar o custo das actividades que desenvolvan as entidades beneficiarias; estas axudas serán compatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas concedidas por entidades públicas ou privadas sempre que a acumulación de axudas non supere a totalidade do custo e se respecten as condicións establecidas, en cada réxime de axudas, na normativa aplicable.

En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

3. Non terán dereito á percepción de axuda aquelas entidades cuxos eventos non acaden, polo menos, 25 puntos na valoración da comisión, segundo os criterios establecidos no artigo 8.3.B (valoración do proxecto que se vai realizar).

4. Entre as entidades que teñan dereito á percepción da axuda, en función dos puntos obtidos nas modalidades de artes escénicas e música, por acadaren a puntuación mínima, para obter a contía subvencionada, repartirase o importe total de cada orzamento (30.000 euros, no caso de solicitantes que sexan do grupo de entidades sen fins de lucro e 20.000 euros, no caso de solicitantes de entidades locais e agrupacións de concellos) directamente proporcional aos puntos acadados e á contía solicitada.

5. No caso de que algún dos dous grupos de beneficiarios non esgote o seu orzamento, ben polo número de solicitudes ou pola puntuación obtida, a comisión de valoración poderá incorporar o importe sobrante ao outro grupo de solicitantes.

6. Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades realizadas, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles gastos correntes que de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto, así como os gastos de difusión e publicidade en calquera soporte, no cal se fará constar o logotipo da Xunta de Galicia seguindo as súas normas de identidade corporativa, aluguer de espazos, servizos e equipamentos técnicos, cachés dos grupos e compañías, así como os gastos de viaxes e aloxamento dos participantes nas actividades propostas.

Todos os gastos subvencionables deberán estar pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. En ningún caso serán subvencionables:

– Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio do solicitante.

– Gastos protocolarios.

– Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.

– Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: 

galer_a_fotos