SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA CULTURA NO CAMIÑO 2019. PRAZO: 24-05-2019

Data: 

xoves, 25 Abril, 2019 (Todo o día) a venres, 24 Maio, 2019 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais

Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño e se convocan para o ano 2019. BDNS (Identif.): 450316.

Finalidade

Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos das rutas xacobeas que discorren por Galicia. Será subvencionable unha parte das súas contratacións que se integrarán nas programacións do programa Cultura no Camiño 2019 e que se desenvolverán nas datas comprendidas entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2019.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos galegos polos cales discorran os camiños de Santiago recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles respecto dos cales se ditou acordo de inicio para a súa tramitación.

Importe

O financiamento destas axudas realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias. Destinarase un crédito global de 324.000 euros da aplicación orzamentaria 11.A1.432B.760.0, co código de proxecto 2015-00003.

Concederase unha dotación económica para a contratación das programacións de artes escénicas e musicais nos concellos galegos polos que discorren as rutas xacobeas que suporá, como máximo:

– 3.500 euros por concello de máis de 20.000 habitantes, sen superar o 40 % de cada un dos cachés dos grupos ou compañías contidos nas programacións.

– 2.500 euros por concello de menos de 20.000 habitantes, sen superar o 50 % de cada un dos cachés dos grupos ou compañías contidos nas programacións.

Prazo 

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Descargas: