SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E DE MÚSICA PARA O ANO 2018. PRAZO: 30-04-2018

Data: 

xoves, 29 Marzo, 2018 (Todo o día) a luns, 30 Abril, 2018 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais

Resolución do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais de artes escénicas e de música e se convocan para o ano 2018. BDNS (Identif.): 391085.

Finalidade

A concesión de axudas, polo procedemento de concorrencia competitiva, aos organizadores de festivais de música ou de artes escénicas celebrados en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Celebración: o festival debe levarse a cabo entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro que desenvolvan a maioría das actividades neste período.

b) Antigüidade: o festival ten que ter realizado un mínimo de dúas edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

c) Contratación artística: o festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable para a modalidade A (festivais de música) e un 30 % do orzamento subvencionable para a modalidade B (festivais de artes escénicas).

d) Programación: o festival debe ofrecer un mínimo de seis compañías ou grupos.

e) Presenza de compañías galegas: só para a modalidade B (festivais de artes escénicas), as formacións ou compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 20 % do orzamento de contratación profesional artística do festival ou un mínimo do 30 % do total das actuacións profesionais artísticas que se ofrezan. Quedan excluídos do cumprimento deste requisito os festivais presentados á modalidade A (festivais de música).

f) Entradas de pago: polo menos un 50 % dos concertos ou representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de artes escénicas de rúa.

Persoas beneficiarias

Persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

Importe

Destínase un total de 460.000 euros, dos cales 280.000 euros son para a modalidade A, festivais de música, e 180.000 euros para a modalidade B, festivais de artes escénicas, das aplicacións orzamentarias seguintes: 10.A1.432B.460.0, 155.000 euros; 10.A1.432B.470.0, 155.000 euros, e 10.A1.432B.481.0, 150.000 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para o ano 2018.

A contía das subvencións determinarase en función das dispoñibilidades orzamentarias, o orzamento do proxecto, o importe solicitado e a puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. O máximo que se pode solicitar e conceder é de 50.000 euros.

A porcentaxe máxima de concesión de subvención a través desta convocatoria a un festival non poderá exceder o 50 % do seu orzamento subvencionable, salvo para as solicitudes conxuntas de entidades locais, ou solicitudes de entidades resultantes de fusión, que poderá alcanzar ata un máximo do 65 % do orzamento subvencionable.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: