SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E MÚSICA 2019. PRAZO: 13-05-2019

Data: 

sábado, 13 Abril, 2019 (Todo o día) a luns, 13 Maio, 2019 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se aproban as bases xerais de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e música, e se aproba a convocatoria para o ano 2019. BDNS (Identif.): 449058.

Finalidade

A finalidade destas axudas é o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT213A).

Entidades beneficiarias

1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e que cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Requisitos dos festivais

Para optar a estas axudas os festivais terán que reunir os seguintes requisitos:

a) O festival debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2018 ata o 31 de outubro do ano 2019. Enténdese incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2019 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.

b) O festival ten que ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.

c) O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable para a modalidade A (festivais de música) e dun 30 % do orzamento subvencionable para a modalidade B (festivais de artes escénicas).

d) O festival debe programar un mínimo de seis compañías ou grupos.

e) Na modalidade B (festivais de artes escénicas), as formacións ou compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 20 % do orzamento de contratación profesional artística do festival ou un mínimo do 30 % do total das actuacións profesionais artísticas que se programen.

f) Un mímino do 50 % dos concertos ou representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de artes escénicas de rúa.

En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa e no suposto de que tal previsión non figure ata o 50 % do seu importe.

En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Importe

Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 530.000 euros, en función das dispoñibilidades orzamentarias existentes na Axencia Galega das Industrias Culturais, coa seguinte desagregación, un total de 340.000 euros para a modalidade A: festivais de música, e 190.000 para a modalidade B, festivais das artes escénicas, das aplicacións orzamentarias seguintes: 11.A1.432B.460.0., 180.000 euros, 11.A1.432B.470.0, 175.000 euros e 11.A1.432B.481.0, 175.000 euros, do código de proxecto 2015-00003.

Prazo 

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Descargas: