SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E/OU MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS, DOTACIÓNS, INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS VINCULADOS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS PARA O ANO 2018. PRAZO: 08-02-2018

Data: 

martes, 9 Xaneiro, 2018 (Todo o día) a xoves, 8 Febreiro, 2018 (Todo o día)

 

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida. BDNS (Identif.): 376681.

Obxecto

1. Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais (PR486A), que se indican a seguir:

a) Instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública.

b) Pavimentación de vías públicas municipais.

c) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos: prazas, paseos, rúas, parques públicos e parques infantís.

d) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos básicos e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.

e) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.

2. Para os efectos desta orde terán a consideración de servizos básicos aqueles recollidos no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Beneficiarios 

Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2016, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Ter remitidas as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2016 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

No caso das agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir ambos os requisitos todos os concellos agrupados ou asociados, polo que o incumprimento por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.

Crédito e importe máximo das subvencións

Estas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141.A.760.2 (código de proxecto: 2016 00023 Creación, mellora e ampliación de servizos locais básicos), ata unha contía máxima de dous millóns trescentos dezanove mil novecentos noventa e nove euros (2.319.999,00 €), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

A axuda económica que se conceda financiará ata o 80 % do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite de 40.000 euros para as solicitudes individuais e 50.000 euros para as solicitudes conxuntas e para as presentadas por concellos resultantes dun proceso de fusión municipal constituída nos últimos cinco anos.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: