SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS ENMARCADAS NO PROGRAMA VOLUNTARIADO SÉNIOR. PRAZO: 15-07-2019

Data: 

sábado, 15 Xuño, 2019 (Todo o día) a luns, 15 Xullo, 2019 (Todo o día)

 

Consellería de Política Social 

Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508C). BDNS (Identif.): 460610.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais para a realización de actividades de voluntariado sénior desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro e proceder á súa convocatoria para o ano 2019. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia persoas maiores de 55 anos para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten e dentro das áreas prioritarias ao abeiro desta convocatoria.

Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado ao abeiro do Programa Voluntariado Sénior desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2019.

Contía

A contía global da convocatoria é de cento vinte mil euros (120.000,00 €), dos cales, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0, cincuenta e cinco mil euros (55.000 €) se destinarán ás entidades locais e, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0, sesenta e cinco mil euros (65.000 €) se destinarán ás entidades de acción voluntaria, segundo o establecido na Lei 2/2018, do 26 de decembro.

En ningún caso a contía da axuda poderá superar os 2.400 €, que correspondería a un proxecto de 8 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días; ou a cantidade de 6.000 €, que correspondería a un proxecto de 20 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días, naqueles casos en que se poidan solicitar ata un máximo de 20 persoas voluntarias.

Proxectos subvencionables

1. Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria a desenvolvan persoas maiores de 55 anos; e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia; prioritaria pero non exclusivamente, nalgunha/s das seguintes áreas:

a) Actividades relacionadas co Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021.

b) Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.

c) Actividades orientadas á conservación e mellora da natureza e creación de contornas sustentables.

d) Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.

e) Actividades orientadas á innovación e investigación en relación co benestar das persoas maiores.

f) Actividades orientadas á humanización das contornas rurais e urbanas partindo da experiencia e da realidade en que se moven de xeito habitual.

g) Actividades relacionadas co fomento da utilización das TIC por e para este colectivo.

h) Actividades orientadas á catalogación de necesidades comunitarias destinadas a recoller iniciativas de mellora dos servizos comunitarios.

i) Actividades orientadas a eliminar estereotipos sobre as persoas maiores e a crear unha imaxe máis social e dinámica deste colectivo.

j) Actividades orientadas a fomentar a cooperación interxeracional entre persoas mozas e persoas maiores, como xeito de aprendizaxe mutuo.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Descargas: