SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS ENMARCADAS NO PROGRAMA VOLUNTARIADO SÉNIOR. PRAZO: 03-03-2020

Data: 

martes, 4 Febreiro, 2020 (Todo o día) a martes, 3 Marzo, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Política Social 

Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508C). BDNS (Identif.): 493780.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais para a realización de actividades de voluntariado sénior desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro e proceder á súa convocatoria para o ano 2020. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia persoas maiores de 55 anos para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten e dentro das áreas prioritarias ao abeiro desta convocatoria.

Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado ao abeiro do Programa Voluntariado Sénior desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020.

Contía

A contía global da convocatoria é de cen mil euros (100.000,00 €), dos cales, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0, corenta e cinco mil euros (45.000 €) se destinarán ás entidades locais e, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0, cincuenta e cinco mil euros (55.000 €) se destinarán ás entidades de acción voluntaria.

En ningún caso a contía da axuda poderá superar os 2.400 €, que correspondería a un proxecto de 8 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días; ou a cantidade de 6.000 €, que correspondería a un proxecto de 20 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días, naqueles casos en que se poida solicitar ata un máximo de 20 persoas voluntarias.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Descargas: