SUBVENCIÓNS PARA EQUIPAMENTOS DE EMERXENCIAS A CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES, MANCOMUNIDADES OU AGRUPACIÓNS DE CONCELLOS. PRAZO: 03-09-2018

Data: 

sábado, 4 Agosto, 2018 (Todo o día) a luns, 3 Setembro, 2018 (Todo o día)

 

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Orde do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. BDNS (Identif.): 410718.

Obxecto

Establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con agrupación de voluntarios de protección civil inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que cumpran as seguintes condicións:

a) Que o solicitante teña unha agrupación de voluntarios de protección civil (AVPC) con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, ou que tivese presentado oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC nel; neste caso, a concesión da subvención quedará condicionada á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición débese cumprir, como máis tarde, o último día do prazo de presentación de solicitudes.

b) Ter presentado as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2016, no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non recibisen axudas por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou organismos e entidades adscritas a esta para o mesmo equipamento nos últimos cinco anos, incluído 2018, de acordo co establecido no artigo 4.

d) As mancomunidades ou agrupación de concellos, no caso de prestaren de xeito mancomunado o servizo de protección civil e emerxencia, terán que presentar a súa solicitude de forma conxunta e mancomunada, e será incompatible coa solicitude individual dos concellos que compoñan a entidade.

O feito de teren solicitado e térselles concedido equipamento de emerxencia nos cinco últimos anos, de forma agrupada ou mancomunada, inhabilita os concellos que causasen baixa nestas entidades para poderen solicitar os mesmos equipamentos, salvo que documentasen mediante unha declaración ou certificación a súa saída da entidade e o destino do equipamento cedido.

Por outra banda, a entidade de concellos mancomunada ou agrupada de nova creación non poderá solicitar o equipamento que nos últimos cinco anos recibise por separado cada un dos concellos que conforman a citada entidade.

Importe

A actuación que se vai desenvolver ten natureza de subvención en especie e o equipamento que se vai ceder distribuirase nas seguintes liñas de axuda:

Liña 1: 15 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Liña 2: 20 remolques para a atención ás emerxencias.

Cada solicitante, en función das súas necesidades, deberá pedir por orde de preferencia o equipamento das liñas, tendo en conta o dito na alínea c) do artigo 3 desta orde e, de ser o caso, concederáselle o solicitado ata o límite de existencia de acordo cos seguintes criterios:

a) As entidades que xa obtivesen algún tipo de vehículo nos últimos cinco anos, incluído 2018, sexa todo terreo, pick-up ou furgón, non poderán solicitar a liña 1 desta orde.

b) As entidades que xa obtivesen remolque de emerxencias nos últimos cinco anos, incluído 2018, non poderán solicitar a liña 2 desta orde.

c) Unha vez cumpridas as dúas letras anteriores, o equipamento asignarase en función da orde de puntuación total, de maior a menor, e da orde de preferencia solicitada.

d) Na primeira quenda de adxudicación, cada solicitante só poderá obter equipamento dunha liña; unha vez resolta e, de seguir quedando existencias, poderían acceder ao equipamento da outra liña, seguindo os criterios xa establecidos.

e) Os beneficiarios de equipamento da liña 1 comprométense a aceptar a cesión de terminais TETRA da nova rede de comunicacións de emerxencias da Xunta de Galicia que, nun número máximo de tres, e en función das existencias, cederá esta Administración co compromiso por parte das entidades beneficiadas de facerse cargo do seu mantemento.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Descargas: