SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.3, DA MEDIDA LEADER DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2014-2020. PRAZO: 15-11-2018.

Data: 

mércores, 10 Outubro, 2018 (Todo o día) a xoves, 15 Novembro, 2018 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. BDNS (Identif.): 418031.

Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2018 e 2019, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación no ámbito de Leader).

A finalidade das subvencións é fomentar a cooperación dos grupos de Galicia, tanto dentro da Comunidade Autónoma como no resto de España ou da Unión Europea ou nos territorios de terceiros países, que teñan intereses comúns nun determinado ámbito, sempre relacionado co desenvolvemento local Leader e con vistas a favorecer a aprendizaxe mutua e buscar solucións comúns a problemas concretos.

Beneficiarios

Os grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febrero de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Financiamento

1. O financiamento desta convocatoria no ano 2018 será de 200.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria da Agader 13.A1.712A.7810 (aplicación orzamentaria 13.04.712A.732.09 da Consellería do Medio Rural, proxecto 2016-00221 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural). Estes fondos financiarán os proxectos que sexan seleccionados no primeiro procedemento de selección.

O financiamento desta convocatoria para o ano 2019 será de 200.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria da Agader 13.A1.712A.7810 (aplicación orzamentaria 13.04.712A.732.09 da Consellería do Medio Rural, proxecto 2016-00221 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural).

A concesión de subvencións ao abeiro desta convocatoria está sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

2. No marco da medida 19 (Leader), submedida 19.3 (cooperación), do PDR de Galicia 2014-2020, o crédito indicado está cofinanciado nun 75 % polo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. As contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevé o artigo 31 da Lei de subvencións de Galicia e o artigo 30 do Regulamento da dita lei, que se aprobou mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), debéndose publicar no DOG o aludido incremento de contía.

Prazo

Esta convocatoria ten o carácter de aberta e establécese un só procedemento de selección. Neste senso, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 15 de novembro de 2018.

Descargas: