SUBVENCIÓNS PARA A ORDENACIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS LABORAIS DE TRABALLADORES/AS MIGRANTES PARA CAMPAÑAS AGRÍCOLAS DE TEMPADA. PRAZO: 24-04-2017

Data: 

mércores, 5 Abril, 2017 (Todo o día) a luns, 24 Abril, 2017 (Todo o día)

 

Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Extracto da Resolución do 21 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións públicas para a ordenación dos fluxos migratorios laborais de traballadores/as migrantes para campañas agrícolas de tempada. BDNS (Identif.): 339845.

Finalidade

A finalidade é a execución das seguintes actuacións:

Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos das persoas traballadoras de tempada agrícola.

Visita aos aloxamentos de temporeros/as agrícolas e elaboración de informes sobre as condicións dos mesmos.

Asesoramento e información sociolaboral ás persoas traballadoras migrantes de campañas agrícolas de tempada en relación cos seus dereitos e deberes derivados da súa natureza.

Bases reguladoras

Orde ESS/1708/2012, do 20 de xullo, publicada no "BOE" do 1 de agosto de 2012.

Beneficiarios

Organizacións sindicais, as organizacións e agrupacións empresariais e cooperativas agrarias sen ánimo de lucro, e as Entidades Locais.

Importe

Dotación total da convocatoria: 604.480 euros.

A contía máxima para cada actuación será a seguinte.

Organización e coordinación das contratacións e os desprazamentos das persoas traballadoras de tempada: contía unitaria de 50 euros de custo por temporero/a; contía máxima por solicitude, 60.000 euros.

Visita aos aloxamentos e elaboración de informes sobre as condicións dos mesmos: contía unitaria de 300 euros de custo por aloxamento; contía máxima por solicitude, 50.000 euros.

Asesoramento e información sociolaboral: contía unitaria de 20 euros de custo por temporero/a: contía máxima por solicitude, 50.000 euros, se se realiza en máis dunha Comunidade Autónoma, e 15.000 euros, se comprende unha soa Comunidade Autónoma.

Prazo

Vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no "BOE".

Descargas: 

galer_a_fotos