SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN MARCHA DE LABORATORIOS COOPERATIVOS NO RURAL. PRAZO: 21-06-2019

Data: 

mércores, 22 Maio, 2019 (Todo o día) a venres, 21 Xuño, 2019 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2019 e 2020. BDNS (Identif.): 455026.

Obxecto e finalidade

Dinamizar a economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou unha sociedade laboral, a través dos seguintes programas:

Programa I, dirixido á dinamización da economía local mediante fórmulas de economía social, a través de entidades mentoras que identifiquen oportunidades de negocio no seu territorio e seleccionen un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica nun determinado sector, ao cal lle impartirán a formación específica necesaria nesa área de actividade, así como asesoramento e acompañamento.

Programa II, dirixido a fomentar e promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da Comunidade Autónoma, concederanse axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais resultantes dos laboratorios cooperativos no rural previstos no programa I.

Entidades beneficiarias

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

a) Para o programa I: os concellos de Galicia, as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais; as asociacións de entidades de economía social, as asociacións e fundacións que teñan entre os seus fins a promoción do cooperativismo e da economía social, do emprendemento ou o desenvolvemento económico ou local, e as empresas privadas.

b) Para o programa II: as cooperativas e sociedades laborais resultantes dos laboratorios cooperativos previstos nesta orde.

Contía

O orzamento total ascende a seiscentos mil euros (600.000 €) e a distribución inicial de créditos por programas é a seguinte: programa I: 300.000 € (anualidade 2019) e programa II: 300.000 € (100.000 € para a anualidade 2019 e 200.000 € para a anualidade 2020).

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia para o programa I, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Para o programa II comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Descargas: