SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA. PRAZO: 24-04-2017

Data: 

xoves, 23 Marzo, 2017 (Todo o día) a luns, 24 Abril, 2017 (Todo o día)

 

Instituto Enerxético de Galicia 

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. BDNS (Identif.): 338252. 

Obxecto 

O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible (código de procedemento IN421G).

Beneficiarios

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As entidades sen ánimo de lucro.

d) Empresas legalmente constituídas e autónomos.

Actuacións que se subvencionan

Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 5 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 21 destas bases. Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

Gastos que se subvencionan

1. Serán subvencionables:

a) O custo do equipamento térmico e os accesorios principais do mesmo (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

d) O custo do sistema de alimentación do combustible.

e) O custo de montaxe e conexionado.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Descargas: 

galer_a_fotos