SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS PROMOVIDOS POR CONCELLOS. PRAZO: 28-10-2019

Data: 

sábado, 28 Setembro, 2019 (Todo o día) a luns, 28 Outubro, 2019 (Todo o día)

 

Consellería de Sanidade

Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463G). BDNS (Identif.): 474265.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades locais galegas.

Entidades beneficiarias

Poderán solicitar esta subvención todos aqueles concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupados, un proxecto de prevención de condutas adictivas e que reúnan os requisitos sinalados no artigo 4 da orde.

Contía

A contía total das subvencións que se van conceder é de 2.213.463,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 1002.413A.460.1, distribuídos do seguinte xeito:

a) Ano 2019: 368.910,50 €.

b) Ano 2020: 737.821,00 €.

c) Ano 2021: 737.821,00 €.

d) Ano 2022: 368.910,50 €.

Clases e contías das subvencións

Existen dúas clases de subvencións:

1. Clase 1. Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais, agrupacións ou mancomunidades de concellos que abrangan unha poboación igual ou superior aos 70.001 habitantes.

Destínase a esta clase o 30 % do crédito orzamentario dispoñible especificado no artigo 8.1 (664.038,90 €), e outorgaráselle subvención a un máximo de 8 proxectos que acaden maior puntuación. Nesta clase, a subvención mínima a solicitar será de 56.000,00 euros.

2. Clase 2. Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais, agrupacións ou mancomunidades de concellos que abrangan unha poboación entre 10.001 e 70.000 habitantes.

Destínase a esta clase o 70 % do crédito orzamentario dispoñible especificado no artigo 8.1 (1.549.424,10 €), e outorgaráselle subvención a un máximo de 32 proxectos que acaden maior puntuación. Nesta clase, a subvención mínima que se vai solicitar será de 32.000,00 euros.

Prazo

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: