V CONGRESO APLU: DISCIPLINA URBANÍSTICA: Estado do urbanismo e retos para o futuro

Data: 

luns, 10 Xuño, 2019 (Todo o día) a mércores, 12 Xuño, 2019 (Todo o día)
Cartel V Congreso disciplina urbanística

Informámoslles da convocatoria e próxima celebración do V Congreso APLU: “DISCIPLINA URBANÍSTICA: Estado do urbanismo e retos para o futuro” que terá lugar os días 10, 11 e 12 de xuño de 2018, na cidade de Santiago de Compostela, e no que intervirán relatores de recoñecido prestixio que poden coñecer no programa que se adxunta. 

LUGAR DE CELEBRACIÓN: 
Congreso: AUDITORIO ABANCA- R/ Preguntoiro, 23-15704 Santiago de Compostela
Talleres: CENTRO ABANCA OBRA SOCIAL- Praza de Cervantes, 19 -15704 Santiago de Compostela

Un nutrido e prestixioso grupo de especialistas analizará o presente e futuro dos novas modelos urbanos, a súa interrelación ceas políticas públicas e a intervención administrativa en materia de disciplina urbanística, co obxectivo de avanzar cara a un desenvolvemento urbanístico sostible.
O congreso estructúrase este ano sobre catre grandes áreas temáticas: a necesidade de afrontar un novo modelo urbano (abordando o estudo das Axendas Urbanas e conceptos como o de "cidade próxima"); a interrelación do urbanismo con determinadas políticas públicas; as cuestións máis actuais en materia de intervención administrativa (particularmente o papel da mediación na execución de sentenzas que ordenan a demolición ou a interpretación do aínda polémico artigo 108.3 da LXCA e a súa repercusión sobre os terceiros de boa fe); e, por último e como vén senda habitual no simposio, as perspectivas para o futuro (co estudo das posibles medidas lexislativas para a seguridade xurídica do urbanismo ou a relevancia da planificación da cidade no Dereito Público).

Este encontro está dirixido a empregados públicos das distintas Administracións, xuristas, arquitectos, enxeñeiros e interesados en xeral.

Máis información:  

Páxina Web: https://axenciaurbanistica.xunta.gal/es/congreso-2019

Enderezo electrónico: congreso.aplu@xunta.gal 

Teléfono: 981 544 325

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do Congreso764.54 KB