VI ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “CAMIÑO AO RESPECTO"

Data: 

domingo, 25 Novembro, 2018 (Todo o día)
Invitación Andaina contra a violencia de xénero

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Secretaría Xeral da Igualdade organiza a VI ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “Camiño ao respecto”, que terá lugar o vindeiro domingo, 25 de novembro ás 10.30 horas con saída dende o Monte do Gozo.

Saída: 10:30 horas. Punto de información Monte do Gozo. 

Chegada: 12:00 horas. Praza do Obradoiro 

Máis información e inscricións en: igualdade@xunta.gal    Tel: 981545351