VIII CONGRESO GALEGO DE MEDIO AMBIENTE & SAÚDE & TURISMO SOSTIBLE NO SALNÉS – LXI CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL

Data: 

martes, 26 Febreiro, 2019 (Todo o día) a xoves, 28 Febreiro, 2019 (Todo o día)
CARTEL VIII CONGRESO GALEGO DE MEDIO AMBIENTE & SAÚDE & TURISMO SOSTIBLE NO SALNÉS

 

Terá lugar en Cambados os días 26 e 27 de marzo e en Sanxenxo o 29 de marzo 2019.

A temática deste congreso centrarase en catro grandes bloques temáticos de gran interese e actualidade: Cambio Climático, Economía Circular, Problemática ambiental e social da Ría de Arousa e Patrimonio natural e turismo sostible. O congreso contará coa participación dun centenar de ambientalistas e de 40 expertos de recoñecido prestixio nos seus respectivos campos de actuación procedentes de América, Portugal, España e especialmente de Galicia. Haberá unha representación do mundo académico, universitario e profesional, das administracións públicas a nivel estatal, autonómico, provincial e local, do mundo empresarial, así como outros colectivos sociais.

Abrirase o congreso cunha conferencia maxistral a cargo do Prof. Dr. Eleuterio Martínez, científico-humanista, académico e catedrático de recoñecido prestixio en América, que presentará as medidas de mitigación e adaptación para loitar contra o cambio climático, e como broche de ouro do congreso, cabe destacar a contribución maxistral do Prof. Dr. Federico Mayor Zaragoza, figura relevante de recoñecido prestixio a nivel mundial, cuxa dilatada e fructífera andadura como director xeral da UNESCO deixou profunda pegada, que se sumará a apoiar a candidatura das Cíes-Illas Atlánticas a Patrimonio Mundial da Humanidade.

Ofértanse 100 prazas gratuitas, que se cubrirán por orde riguroso de inscrición remitindo o boletín que pode descargar a continuación.  

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do curso905.14 KB
PDF icon Boletín inscrición 218.83 KB