VIII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS - DEPUTACIÓN DE LUGO

Data: 

martes, 3 Decembro, 2019 (Todo o día)

"A reforma do réxime local en Galicia. A planta local"

O municipio constitúe o nivel básico e esencial da organización territorial de Galicia, regulándose na lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, os seus elementos esenciais, de entre os cales destaca, pola problemática que leva aparellada, o territorio. A opinión unánime, neste momento, é que o número de municipios españois non é, precisamente, pequeno, polo que o seu aumento non semella o máis desexable, sobre todo se temos en conta que, en principio, os pequenos municipios, con escasa poboación e insuficientes medios económicos, dificilmente poden atende-las esixencias que require a prestación dos servizos públicos. Por isto pretendese lograr fórmulas axeitadas que, sen adoptar medidas drásticas, dificulten a creación de novos municipios independentes, favorecendo, pola contra, o asociacionismo municipal, xa que a experiencia demostrou que as mancomunidades de municipios ou os consorcios locais, infrautilizados no territorio galego, xestionan con menor custo e maior efectividade as competencias locais especialmente no caso dos pequenos municipios.

Poténciase actualmente, se cabe, e por outro lado a competencia especial que teñen as deputacións provinciais, consistente en «asegura-lo acceso da poboación ó conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal», podendo, mesmo, substituílo municipio na prestación deles e debendo facelo coa aprobación do Plan provincial de obras e servizos. Ademais, no marco da proposta de Administración única e do principio de subsidiariedade, están chamadas a desempeñar un papel cada vez máis importante no conxunto do sector público xa que, pola súa experiencia e proximidade ó cidadán, poden prestar mellor os servizos que este demanda.

O desenvolvemento deste VIII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS busca a reflexión ou debate sobre a reforma local en Galicia, coa asistencia de diferentes expertos na materia que farán unha análise da denominada planta local no noso territorio a través dos seus relatorios e experiencias, e tendo en conta o dereito comparado do noso contorno máis preto.

DATA: 3 DE DECEMBRO DE 2019

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PROGRAMA DO ENCONTRO

BREVE CV DOS RELATORES