XORNADA INFORMATIVA PROCESO DE SELECCIÓN DE POLICÍAS MUNICIPAIS

Data: 

martes, 9 Xaneiro, 2018 (Todo o día)

O pasado 22 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia o DECRETO 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local. 

Este decreto regula principalmente a cooperación mediante a delegación de competencias coa sinatura de convenios e prevé para este 2018 o primeiro proceso selectivo unitario para o ingreso na policía local así como a cobertura das prazas de auxiliares de policía local e vixiantes municipais. 

Co fin de informar sobre o procedemento e prazos, así como de resolver as dúbidas que poidan xurdir ao respecto, está prevista a realización dunha xornada informativa dirixida a todos os alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras  e persoal técnico dos concellos galegos interesesados: 

 

  • Data: martes 9 de xaneiro de 2018
  • Hora: 10.00 horas
  • Lugar: Sede da Academia Galega de Seguridade Pública  ( A Estrada)