XORNADA INFORMATIVA SOBRE OBRAS EN BENS PATRIMONIAIS

Data: 

mércores, 24 Xaneiro, 2018 (Todo o día)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza, en colaboración coa Fegamp, unha xornada informativa sobre novas vías de axilización dos trámites administrativos en relación aos expedientes de bens patrimoniais, que se abren co desenvolvemento do novo marco normativo disposto pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.
Este encontro desenvolverase o mércores, 24 de xaneiro, no Salón de Convencións CINC da Cidade da Cultura, desde as 11.30 ata as 13.30 horas.

O obxecto desta xornada é explicarlles aos representantes municipais e/ou profesionais relacionados coa área de urbanismo, os novos instrumentos normativos que se veñen de habilitar.O encontro está dirixido ademais de a Alcaldía, tamén ao secretario/a xeral do concello, ao/a concelleiro/a de Urbanismo e aos técnicos municipais da dita Concellería. 

Prégase confirmación de asistencia antes do vindeiro luns 22 de xaneiro:  981 54 44 05 // 981 54 44 412

 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Convite285.75 KB
PDF icon Programa 590.41 KB