XORNADA LEI DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DE GALICIA

Data: 

venres, 20 Abril, 2018 (Todo o día)
XORNADA LEI DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2018 pola que se convoca unha xornada sobre a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

A Academia Galega de Seguridade Pública, en colaboración coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e a Dirección Xeral de Administración Local, anuncia a convocatoria dunha xornada sobre a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, de acordo coas seguintes bases:

Datos da actividade:

Tipo: xornada.

Denominación: Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Modalidade: presencial.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 5.

Obxectivos e contido da actividade formativa:

Obxectivos: o obxectivo principal é abordar os aspectos máis relevantes da nova lei e as implicacións da súa entrada en vigor.

Contido:

• Aspectos xerais da norma.

• O réxime de intervención administrativa na nova lei. A modificación da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

• A Lei 10/2017, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia desde a perspectiva local. Especial referencia ao réxime sancionador.

• Cuestións de interese na aplicación práctica da lei.

Destinatarios/as:

Persoal ao servizo das administracións públicas, alcaldes, concelleiros e interesados en xeral.

Limitado á capacidade máxima (400 persoas).

Desenvolvemento da actividade:

Lugar: Agasp.

Data: 20 de abril.

Horario: das 10.00 ás 18.00 horas.

Solicitudes de participación:

O persoal que desexe participar na xornada deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp https://agasp.xunta.gal/es/detalleCurso/181139

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación remata o día 18 de abril de 2018 (as 14:00 h.).

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Resolución do DOG451.63 KB
PDF icon Programa da Xornada391.11 KB