XORNADA: O IMPACTO DO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS

Data: 

venres, 23 Marzo, 2018 (Todo o día)
Xornadas Protección Datos

XORNADA: O IMPACTO DO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS SOBRE A ACTIVIDADE DOS CONCELLOS E AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Esta Xornada organizada pola Fegamp en colaboración coa AMTEGA e o CPEIG, terá lugar o vindeiro 23 de marzo de 2018, no Edificio CERSIA, Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, en Santiago de Compostela.

As Administracións Locais, ao igual que o resto de Administracións Públicas, son responsables e encargadas de tratamentos de datos persoais no desenrolo de moitas das súas actividades. Neste marco, o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) terá un forte impacto sobre os cidadáns, empresas e Administracións públicas, e requirirá un gran esforzo de adaptación ao novo marco legal por parte de todos.

Coa celebración desta xornada sobre o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos (RXPD) preténdese dar a coñecer dun xeito práctico, obxectivo e participativo as novidades que comportará a entrada en aplicación deste novo Regulamento para os concellos, deputacións e administracións públicas así como concienciar da necesidade de adaptarse progresivamente ás novidades introducidas antes do 25 de maio del 2018, momento no que será de obrigado cumprimento.

Debe inscribirse cubrindo o seguinte formulario: https://goo.gl/forms/QJIGRXmkTKuxfZqz2

Pode consultar a continuación o programa do curso.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada235 KB