Xornada Técnica sobre o Picudo Vermello das Palmeiras

Data: 

luns, 17 Decembro, 2018 - 18:00
picudo vermello ao lado dunha rama dunha árbore

O 17 de decembro terá lugar a Xornada Técnica sobre o Picudo Vermello organizada pola Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) en colaboración coa Consellería do Medio Rural.

A praga dos picudos vermellos instalouse na provincia de Ourense e hai un gran descoñecemento sobre como xestionala. Están chamadas a participar nesta xornada as persoas que teñan que ver coa xestión deste patrimonio vexetal, xa sexa a propia Administración (Concellos, Deputacións, Xunta de Galicia), ou empresas de xardinería e autónomos. Os organizadores do evento consideran de vital importancia poñer en coñecemento os métodos de actuación fronte a esta praga de corentena, para así evitar danos maiores.

 

 

O programa do evento é o seguinte:

  1. Introdución. Distribución actual da praga
  2. Características, ciclo biolóxico e hospedadores
  3. Métodos de loita e tratamentos fitosanitarios. Protocolo de actuación
  4. Xestión de residuos

 

Os relatores deste acto serán Encarna Rodríguez Soto (Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense) e Antón Vázquez Caamaño (Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra).

A xornada celebrarase ás 18:00 horas no Salón de Actos da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense ( R. Florentino Cuevillas, 4-6 baixo, 32003 de Ourense), e a entrada é gratuíta. Tan só fai falla confirmación de asistencia a través do mail info@agaexar.gal ou do teléfono 658 081 269.