XORNADA TÉCNICA SOBRE O PLAN BÁSICO AUTONÓMICO

Data: 

venres, 26 Xaneiro, 2018 (Todo o día)

A consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a tramitar o Plan Básico Autonómico, que é o instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da lexislación sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes. Este instrumento será de aplicación nos concellos que carezan de Plan xeral de ordenación municipal.
Asemade, nos concellos que conten con planeamento terá carácter complementario do mesmo, polo que as súas determinacións serán de aplicación para suplir as posibles indeterminacións e lagunas do planeamento municipal vixente.

Neste momento, o Plan Básico Autonómico atópase en fase de información pública, e xa se solicitou a todos os concellos a emisión de informe determinante sobre o contido do mesmo, segundo o previsto no artigo 50.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro do solo de Galicia.

Á vista da inquedanza trasladada por varios Concellos e co fin de facilitarlles a súa labor na elaboración e achega das alegacións ao Plan Básico Autonómico e en aras do principio de colaboración entre administracións públicas, informámoslle que a Consellería organiza unha xornada técnica de traballo que terá lugar o vindeiro venres 26 de xaneiro, ás 10:30 h, no Salón de Convencións CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Para asistir é imprescindible que se inscriba antes do vindeiro 24 de xaneiro cubrindo os seus datos no seguinte enlace: https://goo.gl/forms/uleviElRHIEcIpGo1

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada15.95 KB