Data:
Dende Augas de Galicia procederán durante os próximos meses, á redacción do "Plan Específico para a Minimización do Risco de Inundación na Área de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) do río Anllóns en Carballo e do río Umia - Caldas de Rei". Durante este proceso enténdese fundamental a colaboración das distintas administracións relacionadas, non só coa xestión directa da auga, senón tamén coa ordenación do territorio e protección civil así como tamén da propia sociedade civil.
Estas xornadas preséntanse como unha moi boa oportunidade para fomentar, dende o inicio, a implicación de todos os actores afectados ou con interese na elaboración do citado plan. A xornada que se realizan coa colaboración de varios departamentos da Xunta, a Dirección General del Agua (DGA), o Consorcio de Compensación de Seguros (CCS) e o Concello de Padrón, vai principalmente dirixida aos técnicos municipais en materia de auga, de urbanismo, medio rural, ordenación do territorio e protección civil que poidan estar interesados, así como a poboación local e todas aquelas asociación con presencia nos municipios afectados.
As Xornadas terán lugar en :
- Caldas de Reis: 14 de Novembro ás 9:15 horas, no Auditorio Municipal de Caldas de Rei na avenida Román López, 5.
- Carballo: 16 de Novembro ás 9:15 horas, no Forum Carballo na rúa Puente.
Para asistir ten que cubrir o formulario que pode atopar no seguinte enlace:
A continuación pode descargar os programas:
Información e inscricións:
Mail: xornadas-risco-inundacion@oceano-azul.es
Teléfono: 981909012
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Carta invitación - Xornadas Caldas de Reis | 375.95 KB |
Carta invitación - Xornadas Carballo | 371.92 KB |