XORNADAS "A FÓRMULA COOPERATIVA NOS SERVIZOS SOCIAIS"

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar segue apostando polo fomento do cooperativismo a través da Rede Eusumo. En consonancia teñen programado no mes de febreiro a celebración de distintas accións que se enmarcan dentro das actividades organizadas pola Rede Eusumo no seu plan de actuación 2015. 
Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre persoas que buscan sacar adiante proxectos de iniciativa social, organízanse as xornadas de difusión “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Dúas Xornadas destinadas amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social.   Estas xornadas, dirixidas tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa as actividades ligadas ás iniciativas sociais, terán lugar os días 20 de febreiro en horario de 10:00h a 13:00h, no edificio Cersia de Santiago de Compostela. A segunda das actividades terá lugar o día 24 de febreiro de 10:00h a 13:00h, na Cámara de Comercio de Vigo. A terceira das astividades terá lugar o día 25 de febreiro nas instalacións da Confederación de Empresarios de A Coruña, en horario de mañá de 10:00 h. a 14:00 h. A cuarta terá lugar o día 26 de febreiro na Cámara de Comercio de Ourense en horario de mañá de 10:00 h. a 14:00 h. A través destas xornadas, os asistentes poderán:
 

  • Coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia.
  • Achegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no sector de  servizos sociais.
  • Dar a coñecer referentes cooperativos neste sector.
  • Mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos cooperativos no sector servizos sociais.

Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto no teléfono 981558008 ou no enderezo  info@eusumo.coop  

Para máis información, visite as web: www.eusumo.coop www.cooperativasdegalicia.com

Descargas: