Xunta de Voceiros Abril 2018

Data: 

mércores, 11 Abril, 2018 - 12:00
Os voceiros da Fegamp no Barco de Valdeorras

A xunta de voceiros da Fegamp, correspondente ao mes de abril, celebrouse no Barco de Valdeorras como peche á ronda de reunións celebradas nos distintos concellos dos que son alcaldes os voceiros da federación. O obxectivo foi achegar a federación aos concellos galegos e dar visibilidade á Fegamp na prensa local destes municipios.