A XUNTA DESTINA PRETO DE 4 MILLÓNS DE EUROS PARA AS AXUDAS DIRIXIDAS ÁS UNIDADES ASISTENCIAIS DE DROGODEPENDENCIAS

Data: 

xoves, 16 Novembro, 2017 - 09:30

A través do convenio de colaboración asinado entre a Fegamp,  Vicepresidencia e a Consellería de Sanidade, subvenciónanse os gastos que tiveron ao longo de 2017 os 13 concellos da nosa Comunidade que contan cunha Unidade Asistencial de Drogodependencia.

 

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017.- Asinouse o convenio de colaboración entre a Fegamp, a Consellería de Vicepresidencia e a Consellería de Sanidade, que regula as condicións que rexerán as axudas destinadas ás Unidades Asistenciais de Drogodependencia. A finalidade do convenio é regular as condicións que rexerán a relación entre a Xunta de Galicia e a Fegamp, como entidade colaboradora, e os concellos que se adhiran a él. As subvencións están destinadas ao financiamento e desenvolvemento das Unidades Asistenciais de Drogodependencias

 

Un total de 3.979.799 euros serán destinados a sufragar os gastos que tiveron en 2017 os 13 concellos de Galicia que contan con este servizo. O convenio foi asinado polo presidente da Fegamp, Alfredo García Rodríguez e polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña no Edificio Administrativo do Sergas en Santiago. Os gastos que teñen estas unidades, adiantados polos concellos ao longo de 2017, serán agora sufragados en parte pola administración que adiantará un 65 % do total da axuda que concederá, tras a adhesión ao convenio dos concellos con estas unidades.