Novas

21/07/2017 

Esta mañá tiña lugar a primeira reunión da comisión de seguimento da Axenda Social de Galicia na que valorou o grado de execución das medidas e presentouse un documento de traballo para empregar como folla de ruta

14/07/2017 

A través dun convenio firmado este mércores pola Fegamp coa Fundación Cidade da Cultura, os concellos de Galicia poderán empregar os espazos do Gaiás, sen que supoña ningún custo para as arcas municipais, para presentacións, formacións ou eventos.

05/07/2017 

Trala firma do convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos para a formación práctica de profesionais desta disciplina, o concello de Frades firmaba hoxe a súa adhesión a dito convenio dando

28/06/2017 

Santiago, 28 de xuño de 2017- A Federación Galega de Municipios e Provincias asinaba esta mañá a renovación do convenio de colaboración, xunto coa Xunta de Galicia, coa Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) nun acordo a tres bandas.

27/06/2017 

A Fegamp súmase un ano máis a visibilización do Día do Orgullo LGTB coa campaña en Redes Sociais "Celebramos a diversidade" pedindo Respecto, Dignidade e Autoestima para todas as persoas sexa cal for a súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero.

21/06/2017 

Os concellos galegos piden apoio ante a imposibilidade de manter limpas contra o lume as franxas de protección dos núcleos rurais

31/05/2017 

Esta mañá o presidente da Fegamp, Alfredo García, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral da Administración Local, Marta Fernández Tapias, para dar conta do traballo feito respecto aos acordos tomados na Comision Galega de Cooperación Local.

19/05/2017 

Esta mañá a Federación Galega de Municipios e Provincias asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Xunta e a AMTEGA, para axudar a dar un pulo  á integración dos concellos galegos no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

02/05/2017 

O presidente da FEGAMP, Alfredo García, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na que se trasladou a información sobre os próximos pasos que se van dar na reordenación do servizo de transporte público nos concellos galegos.

21/04/2017 

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Asociación Galega de Xestores Deportivos celebraron hoxe en Santiago de Compostela a primeira edición da xornada “A xestión deportiva para pequenos e medianos municipios”.

Páxinas