Dossier de prensa

26/10/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias insta ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a modificar o Proxecto de Orzamentos para 2023 e negociar o financiamento das Entidades Locais que, ademais de ser insuficiente, se mantén conxelado dende hai unha década.

06/09/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias advirte de que a gratuidade das escolas infantís permanecerá, como anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se o Goberno autonómico se fai cargo realmente do seu custo, en tanto moitos destes centros están a ser sufr

02/08/2022 

 A Federación Galega de Municipios e Provincias proporciona ás entidades locais uns criterios de elaboración das convocatorias para a estabilización de emprego que, en cumprimento da Lei 20/2021, deben ter publicadas en fin de ano ao máis tardar.

29/07/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias renova o convenio de colaboración coa  Xunta de Galicia para a atención sanitaria de trastornos en Unidades Municipais de Atención a Drogodependencias (UMADs) á espera de que o traspaso ao Sergas comece de inmediato.

27/07/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias traslada ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, os obxectivos máis urxentes para a correcta colaboración e coordinación entre administracións en beneficio da cidadanía.

09/07/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias traslada á Xunta de Galicia as conclusións dun estudo que sopesa a gravidade da problemática para contratar socorristas e require  medidas para poder ofrecer este servizo nas zonas de baño públicas.

08/07/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Xunta de Galicia constatan o bo funcionamento do convenio de protección das aldeas asinado en 2018 coa empresa pública Seaga e crean un equipo de traballo cara a introducir melloras na súa reedición.

13/06/2022 

Os concellos galegos reciben a nova de que o Goberno do Estado prevé ter aprobado o regulamento sobre a produción, emprego e tratamento dos envases antes de que acabe o ano.

03/06/2022 

O primeiro Foro Local Galego para a Axenda 2030 presenta a primeira diagnose do seu grao de implantación nos concellos galegos.

21/04/2022 

A Federación Galega de Municipios e Provincias traslada ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a operadora RENFE unha declaración institucional para que se garante a universalidade, accesibilidade e utilidade dos servizos ferroviarios de acordo ás n

Páxinas