Novas

29/01/2020 

A FEGAMP sinala os orzamentos de 2020 como solución á liquidación do IVE de 2017 que non se transferiu aos concellos. 

23/01/2020 
Alberto Varela, FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Miñones, Ames

Alberto Varela iniciou unha rolda de contactos con alcaldes para solicitar de primeira man as súas peticións e suxestións, e presentarlles as liñas de traballo da Federación Galega de Municipios e Provincias nos vindeiros catro anos.

29/11/2019 
Presidente saínte e entrante da Fegamp na X Asemblea

Quedou clausurada a X ASemblea da Fegamp e constituidos os novos órganos directivos resultando elixido presidente o cabeza de lista Alberto Varela PAz, alcalde de Vilagarcía de Arousa.

29/11/2019 

Alfredo García participou na apertura da X Asemblea da Federación Galega de Municipios e Provincias, baixo o lema O Valor do Poder Local, na que tamén interviñeron o alcalde de Santiago, José Bugallo, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández. García resaltou ”o consenso e a unanimidade entre os grupos políticos da Fegamp como chave das decisións tomadas” ao longo da súa etapa na presidencia.

Entre os fitos acadados pola Fegamp nesta etapa Fegamp, García destacou logros económicos como a devolución do céntimo sanitario, tamén a renovación do convenio dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES) ou o convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias, ou a consecución do documento das 100 medidas a prol do municipalismo apoiado por todos os grupos políticos da Fegamp. Ademais destacou a posta marcha da sede electrónica da Federación, unhas contas totalmente saneadas e a realización de xornadas formativas sobre diversas materias que supoñían un reto para os concellos.

Alfredo García resaltou no seu discurso as cifras que avalan a responsabilidade por parte das entidades locais: “a débeda dos concellos galegos descendeu de 255 € a 91 € por habitante desde o 2013 ata o 2018, o remanente de tesouraría no exercicio do 2017 situouse por riba dos 600 millóns, e o resultado orzamentario deste ano superou os 300 millóns de euros”.

25/11/2019 
Cartel da campaña Polo Bo Trato Fegamp COPG 2019

Campaña realizada con motivo do Día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller que se celebra o 25 de Novembro coa que queremos ofrecer de novo unha visión positiva e construtiva da relación de entendemento e comprensión que pode e debe ser posible entre os dous sexos

30/10/2019 
Alfredo García e Valeriano Martínez, sinatura protocolo servizos financeiros 2019

O protocolo inclúe tamén un servizo de asistencia financeira ao cidadán e outro de formación en banca electrónica.

23/10/2019 

Os voceiros da entidade convocaron a X Asemblea da Federación para o 29 de novembro no Palacio de Congresos de Galicia en Santiago de Compostela.

16/10/2019 
alfonso rueda e alfonso villares, plan de actuación contra a vespa velutina 2019

O plan de actuación prevé liberar aos GES desta labor para concentrarse en exclusiva na xestión de emerxencias

25/09/2019 
reunión de traballo de alcaldes e alcaldesas na Fegamp polo tema da normativa de autocaravanas

Os problemas cos vertidos, o uso inadecuado de espazos públicos e falta de medidas para controlar o número de autocaravanas que se achegan aos concellos, foron as principais problemáticas trasladadas á Fegamp.

21/08/2019 
momento da visita de Alfredo García a unha traída veciñal en Tomiño

O presidente da Fegamp realizou unha visita ás traídas de auga veciñais do concello de Tomiño acompañado de responsables de COXAPO e tamén responsables municipais, na que puido coñecer o labor feito na organización das Traídas veciñais deste concello e o grado de implicación, tanto municipal como dos usuarios das propias traídas veciñais, nos resultados obtidos.

Páxinas